Aviso legal


En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a continuación expóñense os datos identificativos do titular da web así como do responsable do tratamento dos datos de identificación persoal recollidos a través da web http://proxectoseducativos.tambre.es (en adiante, o SITIO WEB).

  • Denominación social: Editorial Luis Vives Hermanos Maristas (de ahora en adelante, GRUPO EDELVIVES)
  • Número de Identificación Fiscal: CIF, nº R5000274J
  • Enderezo a efectos de notificacións: Ctra. de Madrid km. 315,700; C.P. 50.012 Zaragoza (España)
  • Correo electrónico: info@edelvives.es
  • Entidade pertencente ao Instituto de Hermanos Maristas de la Enseñanza; inscrita no Rexistro de Entidades Relixiosas do Ministerio de Xustiza, co número 1334-i/28-SE/B.

As seguintes condicións de uso terán o valor dun Contrato entre o GRUPO EDELVIVES e o Usuario do SITIO WEB.

CONDICIÓNS XERAIS DE USO

A utilización deste SITIO WEB atribúe a condición de Usuario, o cal implica a adhesión ás presentes condicións na versión publicada no momento en que se acceda ao mesmo.

GRUPO EDELVIVES resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do Portal, así como as Condicións Xerais de uso do Portal. Por iso, GRUPO EDELVIVES recomenda ao Usuario lelas atentamente cada vez que acceda ao SITIO WEB.

Para poder utilizar os Servizos e acceder ao SITIO WEB, o Usuario deberá aceptar previamente estas Condicións de Uso.

O Usuario non poderá utilizar os Servizos nin poderá aceptar estas Condicións de Uso se:

  • (a) non está legalmente habilitado para celebrar un contrato vinculante con GRUPO EDELVIVES
  • (b) ten prohibida ou legalmente excluída a recepción ou utilización deste tipo de Servizos, en virtude da lexislación do seu país de residencia ou desde o que accede ou utiliza o SITIO WEB

O acceso a determinados Contidos ofrecidos a través do SITIO WEB pode encontrarse sometido a certas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican estas condicións xerais. Polo tanto, con anterioridade ao acceso e/ou utilización destes Contidos, o Usuario debe ler atentamente tamén as correspondentes condicións particulares.

ACCESO E SEGURIDADE

Con carácter xeral, os Usuarios poderán acceder ao SITIO WEB de forma libre e gratuíta. Non obstante, GRUPO EDELVIVES resérvase, conforme á lexislación vixente, o dereito de limitar o acceso a determinadas áreas do SITIO WEB para as cales o Usuario deberá rexistrarse facilitando toda a información solicitada, de forma actualizada e real (véxase a política de privacidade).

O uso do contrasinal é persoal e intransferible, non estando permitida a cesión, nin sequera temporal, a terceiros. En tal sentido, o Usuario comprométese a facer un uso dilixente e a manter en secreto a mesma, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.

No suposto de que o Usuario coñezas ou sospeite do uso do seu contrasinal por terceiros, deberá poñer tal circunstancia en coñecemento de GRUPO EDELVIVES coa maior brevidade.

CARÁCTER E CORRECTA UTILIZACIÓN

O Usuario comprométese a utilizar os Contidos de conformidade coa lei, estas Condicións Xerais, as Condicións Particulares que puidesen existir, así como coa moral e bos costumes xeralmente aceptadas e a orde pública.

O Usuario obrígase a usar os Contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:

  • Utilizar os Contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás bos costumes xeralmente aceptadas ou á orde pública;
  • Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os Contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido;
  • Vulnerar dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a GRUPO EDELVIVES ou a terceiros;
  • Empregar os Contidos e, en particular, a información de calquera clase obtida a través do Portal para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade, así como de comercializar ou divulgar de calquera modo esta información.

O Usuario responderá dos danos e prexuízos de toda natureza que GRUPO EDELVIVES poida sufrir, directa ou indirectamente, como consecuencia do incumprimento de calquera das obrigas derivadas das Condicións Xerais, Particulares, ou da lei en relación coa utilización do SITIO WEB.

GRUPO EDELVIVES velará en todo momento polo respecto do ordenamento xurídico vixente, e estará lexitimada para interromper e/ou eliminar, á súa enteira discreción, os Contidos ou excluír ao Usuario do SITIO WEB en caso de presunta comisión, completa ou incompleta, dalgún dos delitos ou faltas tipificados polo Código Penal vixente, ou en caso de observar calquera condutas que a xuízo de GRUPO EDELVIVES resulten contrarias á moral, a orde, os bos costumes ou as regras internas de GRUPO EDELVIVES ou os seus colaboradores ou diferentes selos editoriais pertencentes ao Grupo, ou poidan perturbar o bo funcionamento, imaxe, credibilidade e/ou prestixio de GRUPO EDELVIVES ou os seus colaboradores. En calquera caso, GRUPO EDELVIVES non ten obriga de controlar e non controla os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Usuarios ou colaboradores, salvo os supostos en que así o esixa a lexislación vixente ou cando sexa requirido por unha Autoridade competente.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

GRUPO EDELVIVES resérvase o dereito a interromper o acceso ao seu SITIO WEB, así como a prestación de calquera ou de todos os Contidos que se prestan a través do mesmo en calquera momento e sen previo aviso, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de control, de mantemento, por fallos de subministro eléctrico ou por calquera outra causa.

En consecuencia, GRUPO EDELVIVES non garante a fiabilidade, a dispoñibilidade nin a continuidade do seu SITIO WEB nin dos Contidos, polo que a utilización dos mesmos por parte do Usuario lévase a cabo pola súa propia conta e risco, sen que, en ningún momento, poidan esixirse responsabilidades a GRUPO EDELVIVES neste sentido.

GRUPO EDELVIVES non será responsable en caso de que existan interrupcións do servizo, demoras, erros, mal funcionamento do mesmo e, en xeral, demais inconvenientes que teñan a súa orixe en causas que escapan do control de GRUPO EDELVIVES, e/ou debida a unha actuación dolosa ou culposa do Usuario e/ou teña por orixe causas de Forza Maior. En calquera caso, sexa cal sexa a súa causa, GRUPO EDELVIVES non asumirá responsabilidade algunha xa sexa por danos directos ou indirectos, dano emerxente e/ou por lucro cesante. GRUPO EDELVIVES terá dereito, sen que exista indemnización algunha ao Usuario por estes conceptos, a suspender temporalmente os servizos e contidos do SITIO WEB para efectuar operacións de mantemento, mellora ou reparación dos mesmos.

GRUPO EDELVIVES exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos Contidos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición ou recibidos, obtidos ou aos que se accedera a través do SITIO WEB. Nin tampouco polos Contidos prestados por terceiras persoas ou entidades. GRUPO EDELVIVES tratará na medida do posible de actualizar e rectificar aquela información situada na súa web que non cumpra coas mínimas garantías de veracidade.

Non obstante quedará exonerada de responsabilidade pola súa non actualización ou rectificación así como polos contidos e informacións vertidos na mesma.

GRUPO EDELVIVES non garante nin asume ningún tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos sufridos polo acceso a contidos de terceiros a través de conexións, vínculos ou links dos sitios enlazados. A función dos enlaces que aparecen na web é exclusivamente a de informar ao Usuario sobre a existencia doutras fontes de información en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos por este SITIO WEB.

GRUPO EDELVIVES non será en ningún caso responsable do resultado obtido a través destes enlaces ou das consecuencias que se deriven do acceso polos Usuarios aos mesmos.

Estes Contidos de terceiros son proporcionados por estes, polo que GRUPO EDELVIVES non pode controlar e non controla a licitude dos Contidos nin a calidade dos servizos ofrecidos. No suposto de que un Usuario considere que nalgún dos sitios incluídos nos resultados da busca se contén actividade ou información ilícita e estea interesado en solicitar a supresión do enlace pode dirixirse a GRUPO EDELVIVES a través do seu enderezo de correo electrónico info@edelvives.es, indicando como asunto "Supresión de link". De igual modo, GRUPO EDELVIVES exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que poidan deberse á presenza de virus ou á presenza doutros elementos lesivos nos contidos que poidan producir alteración nos sistemas informáticos así como nos documentos ou sistemas almacenados neles.

GRUPO EDELVIVES non se fai responsable pola utilización que o Usuario realice dos servizos e produtos do SITIO WEB nin dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do sitio web, infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros.

DEREITOS DE PROPIEDADE

Todos os Contidos desta páxina web, tales como textos, gráficos, fotografías, logotipos, iconas, imaxes, así como o deseño gráfico, código fonte e software, son da exclusiva propiedade de GRUPO EDELVIVES ou de terceiros, cuxos dereitos recoñece GRUPO EDELVIVES, e están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial protexidos pola lexislación nacional e internacional vixente en cada momento.

Queda estritamente prohibida a utilización de todos os elementos obxecto de propiedade industrial e intelectual con fins comerciais así como a súa reprodución distribución, modificación, alteración ou descompilación máis alá do que permitan as fórmulas de sindicación de contidos.

A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.

A publicación de información, páxinas web, almacenamento de arquivos ou a comunicación pública de calquera outro contido a través do SITIO WEB supoñen a cesión a GRUPO EDELVIVES, de forma revocable previa comunicación do usuario, non exclusiva, e con toda a amplitude admitida en dereito, sen ningún límite material, temporal ou xeográfico, todos os dereitos de explotación de natureza intelectual (e entre eles, sen ánimo limitativo, os dereitos de reprodución, comunicación pública, distribución e transformación).

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

GRUPO EDELVIVES ten implantado no seo da súa organización un sistema para preservar a seguridade, integridade e confidencialidade dos datos considerados como persoais.

1. Privacidade e Confidencialidade
  • A través de formularios de contacto ou rexistro de Usuarios
    Sen prexuízo do previsto no indicado en cada un dos formularios do SITIO WEB, cando o Usuario facilite os seus datos de carácter persoal está autorizando expresamente a GRUPO EDELVIVES ao tratamento dos seus Datos Persoais para as finalidades que nos mesmos se indiquen. GRUPO EDELVIVES incorporará os datos facilitados polo Usuario nun ficheiro titularidade do mesmo, debidamente comunicado á Axencia de Protección de Datos. O Usuario ou o seu representante poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, mediante solicitude remitida a través do formulario de contacto de SITIO WEB ou por correo electrónico a lopd@edelvives.es.
2. Confidencialidade

GRUPO EDELVIVES comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos de forma confidencial e adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta en todo momento do estado da tecnoloxía.

3. Protección de menores

Se es MENOR DE IDADE, só podes achegar datos persoais co previo consentimento de pais ou titores, enviado debidamente asinado e con copia do DNI do pai, nai ou titor asinante ao enderezo lopd@edelvives.es, escribindo no asunto "DATOS PERSOAIS". GRUPO EDELVIVES non responde dos datos de menores que, sen poder coñecer este feito, se facilitaran sen consentimento de pai, nai ou titor.

MARCAS

As marcas, logotipos e calquera outros de propiedade industrial que aparecen neste sitio son propiedade de GRUPO EDELVIVES ou de terceiras partes. Está prohibida a utilización destas marcas sen a previa autorización escrita de GRUPO EDELVIVES, ou das terceiras partes propietarias das marcas.

LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao SITIO WEB será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente SITIO WEB, os Xulgados e Tribunais de Madrid (España).

POLÍTICA DE COOKIES

O SITIO WEB utiliza cookies propias e de terceiros co fin de optimizar a navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos intereses do Usuario.

Ao navegar ou utilizar os servizos do SITIO WEB, o Usuario acepta a Política de Cookies do GRUPO EDELVIVES.

Que son as cookies?

As cookies son pequenos arquivos de texto nos que os navegadores almacenan información durante as visitas ás páxinas web. Nas cookies pódense recoller datos como o enderezo IP, o enderezo que se está visitando, o sistema operativo, o idioma de navegación, ademais doutra información. Esta información non queda asociada a ningunha persoa en concreto senón que é información estatística para analizar a visibilidade dos distintos contidos do SITIO WEB.

Política sobre cookies

Para utilizar o SITIO WEB ao completo, e o seu ordenador, tableta ou móbil cando navega en Internet, o Usuario deberá aceptar as cookies, xa que moitas funcionalidades online foron deseñadas especificamente para funcionar por medio do uso de cookies.

As cookies deste SITIO WEB non gardan información de carácter persoal do Usuario. Non obstante, ao acceder a outras webs actívanse cookies de terceiros que poderían almacenar datos persoais con finalidades publicitarias, polo que a navegación a través destas webs podería supor a aceptación do uso das mesmas. É por iso que ao entrar nunha páxina web diferente do SITIO WEB o Usuario é responsable de ler e aceptar, ou non, o uso destas cookies.

Cookies de rendemento e analíticas

Serven para recoller información estatística sobre como se utiliza o SITIO WEB. A información unicamente utilizarase para mellorar o funcionamento do SITIO WEB.

As principais cookies de rendemento que se utilizan son:

  • Cookies propias (de sesión): son necesarias para a navegación polo SITIO WEB. Non almacenan datos persoais.
  • Google Analytics: permiten xerar un ID de Usuario anónimo e contabilizar cantas veces un usuario visitou unha web. Rexistra a primeira e última vez que se visitou a web. Así mesmo calculan cando acaba unha sesión, orixe do usuario e as palabras claves usadas.
  • Cookies de terceiros: son accesibles só no caso de que o Usuario prema o link á páxina web do terceiro, e cando ademais de solicitar o acceso a esa web, o Usuario sexa membro desta páxina web, habéndose rexistrado nela previamente, ou nese momento, non sendo posible o acceso ás mesmas polos "non membros". Recoméndase ler a política de cookies relativa a cada dominio, aplicación, ou rede social á que se acceda.
Xestión de cookies

Ao navegar e permanecer no SITIO WEB, o Usuario consente o uso das Cookies nas condicións contidas na presente Política. O GRUPO EDELVIVES proporciona acceso a esta Política de Cookies no momento de acceso ao SITIO WEB co obxectivo de que o Usuario estea informado, e sen prexuízo de que este poida exercer o seu dereito a bloquear, eliminar e rexeitar o uso de Cookies en todo momento.

En calquera caso, dado que as Cookies non son necesarias para o uso do noso SITIO WEB, o Usuario pode bloquealas ou deshabilitalas activando a configuración do seu navegador, que permite rexeitar a instalación de todas as cookies ou dalgunhas delas. A práctica totalidade dos navegadores permiten advertir da presenza de cookies ou rexeitalas automaticamente. Se as rexeita, o Usuario poderá seguir utilizando o SITIO WEB, aínda que as funcionalidades do mesmo e a experiencia de navegación poderían verse limitadas.